Elena Candia nova presidenta da Deputación

Como xa adiantou antes da votación Xornal de Lugo, houbo sorpresa e a candidata do PP Elena Candia foi elixida nova presidenta da Deputación Provincial. Logo dunha primeira votación e a proclamación da Presidenta, ao que seguiu o discurso,  houbo que facer unha segunda, para que se axustara á legalidade dita elección. Nesta segunda votación a candidata popular acadou 12 votos, os mesmos que o candidato do Psoe, ademais houbo un voto en branco. Polo que ao ser a lista máis votada a do PP foi elixida Elena Candia.

Na primeira votación Manolo Martínez votouse a si mesmo mentres que os outros deputados do PSOE e BNG  apoiaron ao candidato Dario Campos que conseguiu 12 votos ao igual que a lista do PP .

“Chama a atención que o Bng intente aplicarlle unhas medidas ao candidato do PSdG- PSOE , mentres aos seus militantes lles permite presentarse para alcaldes estando imputados, como é o caso do alcalde de Vimianzo”. Declarara o xoves a este xornal o alcalde de Becerrea.

Martínez xa advertira que el non era Orozco e que non ía deixarse cazar. E engadía “que el foi elixido nunha votación democrática polos seus compañeiros e refrendada a súa candidatura polo comité galego e federal, polo que non ía renunciar polo antollo doutro partido que ademais consentiu que fora candidato a alcalde un imputado dese partido”. O candidato socialista engadiu que el cumpre todas as condicións do seu partido e que se se lle abre xuízo oral renunciaría ao seu cargo.

Manuel Martínez  declinou  toda responsabilidade en que na Deputación non haxa un goberno de progreso e remitiu aos nacionalistas que son, en todo o caso os que terán que dar explicacións á cidadanía de porqué  consentiron que goberne o PP na Deputación de Lugo.

Segundo puido saber este xornal, Manolo Martínez dará unha rolda de prensa mañá para explicar polo miudo o acontecido.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com