Emotivas bodas de prata do primeiro ascenso a Segunda para o CD Lugo

O CD Lugo celebrou no día de hoxe unha das súas etapas máis gloriosas e de maior trascendencia histórica. O equipo amurallado homenaxeou, no seu 25 aniversario, ao equipo campeón que logrou o tan meritorio ascenso a Segunda División, conseguido no ano 1992 frente ao Sant Andreu.

A xornada arrancaba cunha comida no Círculo das Artes da cidade na que os membros de aquel equipo, técnico e outros protagonistas ligados a aquela fazaña, xunto ao Presidente actual, Tino Saqués e outros membros da directiva albivermella, compartín experiencias nun tempo previo aos actos organizados co motivo da cita.

Unha homenaxe que proseguiu coa visita da plantilla, acompañados polo Presidente e a Directiva, ao estadio Anxo Carro, que vintecinco anos despois volvía a sentir as pisadas de aqueles que colocaron ao equipo, por primeira vez, na súa máxima cota.

Un emotivo momento, de gran sentimento, no que cad aun dos homenaxeados recibiu un obsequio por parte do clube. Para concluir, e en memoria de Fernando Iglesias Chamorro, protagonista do gran momento que faleceu no ano 2000, e ao que o equipo rendía un recoñecemento, tanto á súa persoa como ao espírito dun irrepetible equipo que permanecerá por sempre na memoria dos seareiros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo