En Marea pregunta á Xunta os prazos de execución das inversións en Rozas

En Marea pediu hoxe en Lugo que tanto a Xunta como o goberno central cumpran coas necesidades da provincia e da súa capital. As dúas frontes nas que En Marea centrou a súa atención foron o Centro de Investigacións Aeronáuticas de Rozas e a situación do transporte na provincia tralo anuncio feito por Feijóo e o ministro de Fomento, sobre o tren en Lugo.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, e o deputado Francisco Casal, participaron na visita organizada pola Consellería de Industria a Rozas. Esta visita foi inicialmente solicitada polo grupo parlamentario de En Marea como unha visita de traballo para coñecer fundamentalmente dous aspectos: o cumprimento dos prazos dos proxectos que se están executando, e o número de postos de traballo que está xenerando esta inversión pública en relación cos fixados nos proxectos e anunciados pola Xunta.

A pesar de que Industria cambiou unha visita de traballo por unha propagandística, Luís Villares preguntoulle ao conselleiro se estaba satisfeito coa execución dos prazos. Para En Marea hai un incumprimento flagrante dos prazos que, como explicou o seu voceiro, “afectará as axudas procedentes de Europa porque se os prazos non se cumpren esas axudas non se poderán facer efectivas”. No mesmo sentido, Luís Villares preguntouse unha das empresas adxudicatarias deste proxecto, Indra, estaba cumprindo coa súa parte, “posto que En Marea ten constancia de que ten un serio desfase no seu cumprimento temporal e tampouco está contratando o número de traballadores que figuraban inicialmente vencellados a esta adxudicación”.

Villares apuntou que a Xunta falou en Rozas de 200 postos de traballo, pero Indra agora mesmo non ten contratadas a máis de tres persoas”. O voceiro insistiu que En Marea está a favor “do desenvolvemento de Rozas, pero non imos permitir que Rozas se convirta nun pelotazo I+D e que os cartos das galegas non se aproveiten para mellorar as súas condicións”.

Transporte

O voceiro de Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, pola súa banda, presentou en Lugo catro iniciativas dirixidas a Fomento despois do “desembarco que nos lembra á película de Berlanga, Benvido Mr. Marshall”.
Durante anos nunca se lembraron das deficiencias, das insuficiencias e do atraso de Lugo en materia de infraestruturas ferroviarias e viarias. Os Orzamentos do Estado para este ano 2018 son outra mostra máis do abandono ao que sempre condenaron ao  territorio lugués. Entón, que é o que cambiou para que se produza esa artillería de anuncios?”, preguntouse Fernán Vello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com