En Marea pregunta polas medidas da Xunta para impedir que o Balneario de Guitiriz desapareza

O grupo parlamentario En Marea trasladou hoxe á Comisión de Economía do Parlamento de Galicia unha batería de preguntas para coñecer a posición do Goberno galego con respecto á situación financeira do Balneario de Guitiriz, que esmorece vítima dunha execución hipotecaria de ABANCA que suporía  a fin da súa actividade.

Para En Marea o Goberno galego debería actuar e impedir que empresas galegas coma o Balneario de Guitiriz, “que crean emprego e manteñen o presente e o futuro do noso tecido produtivo, vexan desfeito o seu proxecto empresarial pola voracidade de ABANCA”. “Estas son as consecuencias da descapitalización do investimento no noso País, do espolio de aforro galego e da falta dunha banca pública que actúe con criterios sociais ademais de usurarios”, sinala a iniciativa de En Marea en referencia ao “rescate e agasallo de ABANCA a unha multinacional venezolana”.

Actualmente o Balneario dá traballo a 44 persoas de xeito directo e constitúe unha das máis importantes por número de traballadores/as do Concello, que ademais viven na vila na súa meirande parte. O impacto económico do Balneario é ademais positivo nos sectores turístico e de restauración, pola estancia que prolonga durante varios días a visita á vila. En consecuencia existe un emprego indirecto asociado a esta actividade que se nutre dela.

Neste momento, a execución hipotecaria está impugnada xudicialmente e pendente de resolución. Unha reestruturación axeitada da débeda solucionaría un problema de liquidez temporal (non hai insolvencia), mantería unha actividade empresarial esencial na vila e conservaría todos os postos de traballo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com