O xoves 14 de abril nova cata literaria no MIHL

O xoves, 14 de abril terá lugar a cuarta cata literaria no MIHL ás 20:00 horas. Nesta ocasión o protagonista será o gañador do último Premio de Novela Café Gijón 2015, Miguel Ángel González.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, subliñou que “neste primeiro semestre, intentamos que as catas engloben a escritores consolidados con autores nobles, misturando todos os xéneros literarios”, e avanzou que todos os interesados poden mercar a súa entrada por 5 euros na web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo, de luns a sábado, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas, e no propio MIHL, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas.

Nestas catas literarias, que teñen lugar o primeiro xoves de cada mes ata xuño, tamén haberá gastronomía lucense acompañada de viño da Ribeira Sacra. Ademais, durante todos os eventos, un grupo de música de Lugo acompañará aos asistentes. O xoves 14, as tapas correrán a cargo de la Encina, e a música, de West Side Bones.

Como en anteriores ocasións, as librerías da cidade porán á disposición dos asistentes no MIHL a bibliografía do escritor protagonista para que os asistentes poidan mercalos e asinalos polo propio autor.

Desde o seu primeiro relato baixo o título Espérame hasta que amanine el temporal; Miguel Ángel González intenta sobrevivir exercendo como contista. Recolleu diferentes recoñecementos nalgún dos certames máis prestixiosos do panorama cultural. Fóra de España, viu a súa obra premiada e editada en lugares como Porto Rico, Venezuela, Arxentina, Guatemala ou Perú. As súas obras teatrais foron representadas tanto en salas españolas como estranxeiras. Todos los miedos é a súa última obra, a gañadora dos premios Café Gijón, que afonda na xestión da dor e o medo a afrontala.

 

 

 

 

 

 

 

 

Un saúdo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo