Éxito de participación e visitantes no XXX Certame de Gando Vacún de Pedrafita

O XXX Certame de Gando Vacún de Pedrafita do Cebreiro, cita dirixida a promover e impulsar o gando vacún lucense,está totalmente consolidade xa na provincia. Nesta nova edición, como nas anteriores, fíxose entrega dos premios aos gañadores nas diferentes áreas. Os galardóns foron entregados polo Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, o Alcalde de Pedrafita, José Luís Raposo, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e outras autoidades

Campos Conde, que fixo entrega de varios dos premios concedidos durante o certame, apuntou que “un ano máis, Pedrafita do Cebreiro volve ser a capital do gando vacún, xa non só da provincia nin de Galicia, senón tamén do estranxeiro pois participaron tamén gandarías doutras comunidades. Ademais, é un importante revulsivo económico xa a cita move de media a unhas 2.000 persoas, que durante toda a xornada axudan dinamizan a economía local”.

Raposo Magdalena agradeceu a participación de todos os gandeiros “que son os que fan posible que Pedrafita leve xa 30 anos celebrando, este certame e aos que lle estarei sempre agradecido”. Neste senso, o Rexedor Municipal instou ás diferentes administracións a continuar traballando polo impulso e a mellora do sector primario “capital para a economía de moitos concellos e polo tanto da provincia” e apuntou que “para garantir o futuro de Pedrafita do Cebreiro, e da provincia, debemos garantir a vida no rural e do rural”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com