Ferida unha persoa ao ser atropelada por unha máquina agrícola na Pontenova

Un operario resultou ferido esta tarde na Pontenova despois de ser atropelado por unha máquina agrícola. Segundo o servizo de emerxencias 112, o home estaba participando na tala dun monte do lugar de Lamarcide, na parroquia de Xudán.

Un compañeiro da vítima explicou aos profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias que perdera o control da máquina e que acabara atropelando, de xeito accidental, ao outro traballador. Segundo indicou, o compañeiro ferido sufrira varios cortes, polo que foi trasladado ao Hospital Lucus Augusti.

Até o lugar dos feitos acudiron membros dos GES da Pontenova da Garda Civil ademáis dunha ambulancia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo