Ferido un home nunha saída de vía en Guntín

Un home resultaba ferido ao saírse da vía co seu coche e envorcar. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o varón, que puido saír do interior do turismo polos seus propios medios, foi trasladado a un centro médico.

O sinistro tivo lugar no punto quilométrico 17 da A-54, sentido Santiago. Un particular alertaba do accidente ao 112 Galicia ás 17:30 horas.

De inmediato, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse do accidente ao 061-Urxencias Sanitarias, a Tráfico, á Garda Civil e aos efectivos do GES de Monterroso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com