Feridos os dous ocupantes dun camión tras envorcar o vehículo

Os dous ocupantes dun camión resultaron feridos despois de envorcar o vehículo ao seu paso pola localidade lucense de Begonte. Foi o mesmo conductor quen, sobre as 7 desta mañá chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Ao punto do accidente achegáronse os  Bombeiros, á Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES de Guitiriz.

E noutro punto, dúas persoas resultaron feridas esta mañá ao redor das 9, nunha colisión multiple na nacional 640 ao seu paso por Rozas. Un total de catro vehículos se viron implicados neste accidente ao que acudiron servizos sanitarios a petición dun dos implicados no mesmo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com