Ferreira do Valadouro acollerá esta fin de semana o Trofeo Federación de Tiro con Arco

A próxima fin de semana o Pavillón Municipal de Ferreira do Valadouro acollerá o Trofeo Federación, esta cita é a primeira do calendario inaugurando o Ránking Autonómico Unificado para a tempada de sala 2018-2019. Un total de 179 porteiras e porteiros chegados desde as catro Provincias galegas tirarán un total de 60 frechas por participante.

Repartidos en distintas modalidades o sábado a partir das tres e media da tarde os primeiros en pisar a pista serán os porteiros Tradicionais con Arco Espido, Tiro Instintivo e Long Bow. O domingo pola mañá a partir das nove e media chegase a categoría reina serán os porteiros maiores de catorce anos con Arco Recurvo (Modalidade Olímpica) e Arco Composto (Poleas), xa de tarde e para concluír a competición será a quenda dos menores de catorce anos.

Durante toda a fin de semana actuais Campións de España participasen no Trofeo Federación como o pontés Miguel Alvariño na absoluta de Arco Recurvo Home, Óscar Casal na absoluta de Long Bow Home ou Melania Sanjorge na absoluta de Low Bow Muller.

A Federación Galega de Tiro con Arco e o Club Castelarco do Valadouro son os encargados da organización do evento unha cita que se repite por segunda vez no Concello e que reúne medio centenar de participantes máis que a edición anterior. O club segue o seu empeño por traer competicións oficiais de Tiro con Arco á nosa comarca para abrila a un deporte no que os galegos están a conseguir boas marcas a nivel Nacional. A representación Mariñá está asegurada tanto por parte do Club IADOVI de Cervo e o Club Local. Un total de sete porteiros tentarán que algún dos trofeos quede na comarca. Pechando as competicións a Federación Galega de Tiro con Arco celebrase a cerimonia de entrega de diplomas aos actuais campións galegos do ano 2018.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com