Fomento comeza a rehabilitación do firme da N-640 entre Meira e Lugo

O Ministerio de Fomento comezou os traballos de rehabilitación do firme no tramo Meira- Lugo da estrada nacional 640. O presuposto desta actuación é de 4,7 millóns de euros. O tramo de carretera no que se executarán os traballos de rehabilitación discorre polos términos municipais de Pol, Castro de Rei e Lugo, onde inclúe a ronda norte.

As actuacións proxectadas consisten no fresado e reposición do firme existente e o extendido dunha nova capa de rodadura que incrementará, afirma o Ministerio, as condicións de seguridade vial do tramo.

Asemade, levarase a efecto o necesario recrecido dos sistemas de contención para adaptalos á nova cota da rasante.  Está prevista tamén a reposición do balizamento e as marcas viales afectadas polas obras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo