Fomento indica a En Marea que “diseñou un Plan de Reforzo” no Feve

O Ministerio de Fomento indica nunha resposta por escrito ao Deputado de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, que RENFE “diseñou un Plan de Reforzo da liña de ancho métrico a fin de iniciar unha nova etapa nos servizos ferroviarios de FEVE”. Unha afirmación do Ministerio nun contexto no que continúan as deficiencias, os problemas e o deterioro da conexión de FEVE entre Ferrolterra-Ortegal-A Mariña, segundo denuncia a agrupación no Congreso.

Miguel Anxo Fernán Vello dirixiuse en numerosas ocasións ao Ministerio para pedirlle explicacións polas cancelacións de servizos e retrasos na liña ferroviaria, a única que podería funcionar como un tren de cercanías na zona noroeste de Galicia. Fomento asegura que en 2016 reforzou a plantilla de maquinistas con 6 novas incoporacións na base de Ferrol.

Pero, segundo lamenta o deputado de En Marea, os problemas seguen a producirse por falta de vontade política, “co cal, moito nos tememos que Fomento continúe nunha tónica de falar de Plans que non se efectivizan, que se demoran ou que sonan a entretemento. Se hai vontade real  de mellorar esta conexión necesaria para A Mariña e para Ferrolterra, que leva anos en situación de desmantelamento, destinaríanse os orzamentos necesarios e non como vemos nos Orzamentos Xerais do Estado”.

O Ministerio tamén sinala a Fernán Vello que RENFE está a levar a cabo un “importante Plan de Acción para a adaptación dos plans de mantemento do material rodante de ancho métrico que permita mellorar a súa fiabilidade”. Algo que “tampouco percibimos dada a situación real que sofren estes servizos”, afirma Fernán Vello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo