Fontiñas e Ramón Montenegro se comunicarán por un ascensor

O Concello de Lugo vén de anunciar a construcción dun ascensor de uso público entre a Ronda de Fontiñas e a rúa Ramón Montengro, vías que ata o de agora quedaban unidas tan só mediante unha escaleira. A rexedora da cidade, Lara Méndez, que estivo acompañada do Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e do Voceiro Municipal, Miguel Fernández, así como do xefe da área municipal de Enxeñaría, Pablo Fuentes; avanzou que o Goberno xa conta co proxecto de construcción, cunha inversión de 255.400 euros e un prazo de execución de 4 meses, e que levará na súa proposta de orzamentos do 2018.

“Con este novo proxecto tratamos de dar unha solución de mobilidade a unha demanda que nos trasladaron veciños e veciñas de Fontiñas. Responde ademais ao compromiso do Goberno de facer unha cidade más accesible, onde os peóns sexan os verdadeiros protagonistas”, asegurou no acto a alcaldesa.

Tal e como explicou a Alcaldesa, o proxecto consiste en solventar o desnivel de 11 metros entre Fontiñas e Ramón Montenegro. Para elo, deseñouse un ascensor, que na súa parte final terá unha pasarela, cuberta lateralmente con paneis de vidro traslúdico. Un extremo da pasarela apoiarase na beirarrúa de Ramón Montenegro, mentres que o outro apoiarase na estrutura do cañón do ascensor, que tamén se materializará como unha estrucutra de aceiro con cerramento de vidro transparente, salvo na súa parte inferior, que estará formada por muros de formigón. Ademais, disporanse dun alumeado que garanta as condicións de iluminación do itinerario accesible.

Paralelamente á construción deste ascensor con pasarela contemplánse distintas melloras de humanización da zona, como a substitución das varandas da escalinata, para darlle máis seguridade; ou a reparación de pavimentos, con acabado antideslizante, para garantir a seguridade; así como a ampliación de beirarrúas e implantación de novos pasóns de peóns nesta zona. “Con esta acción, o Goberno de Lugo continúa traballando nun modelo de cidade accesible, na que se favorece e facilita a mobilidade dos nosos veciños e veciñas. Aposta tamén por conectar mellor aos barrios para facer unha cidade cohesionada, unha cidade con espazos públicos aos que saia á xente soamente cun fin determinado: que é disfrutalos, de facer rúa, de facer convivencia”, concluíu a Alcaldesa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com