Francisco: “Todo o mundo está ilusionado e preparado para competir”

Francisco Rodríguez, técnico do CD Lugo, compareceu esta mañá na rolda de prensa previa ao partido que enfrontará ao seu equipo co CA Osasuna o vindeiro domingo. O adestrador almeriense destacou a motivación dos seus homes ante a importancia do encontro, así como a súa intención de seguir matendo a mesma filosofía de xogo: “Eles coñecen a nosa maneira de xogar. Saben que somo un equipo con iniciativa, que provocamos situacións para xerar superioridade numérica en campo contrario. Impos ter que ter moitísima mobilidade porque eles son un equipo moi ordenado e xogarles moi rápido, sobre todo, para que ao final lles coste chegar a esas basculacións”.

Francisco asegurou que durante toda a semana preparáronse moi ben os xogadores e que xa saben o que teñen que facer. O que ten claro o adestrador é que “todo o mundo está ilusionado e preparado para competir o domingo”. Asemade, Francisco deu especial importancia ao apoio da afición albivermella para o partido ante o conxunto navarro e asegurou que se queren “que a nosa afición estea con nós é porque entendemos que é un partido difícil, no que nos enfrontamos ao que quizáis é o mellor rival da categoría. Imos ter que facer as cousas moi ben e, co empuxe dos nosos, conseguiremos tres puntos importantes”.

Unha comunión entre equipo e afición que o técnico buscou dende a súa chegada a Lugo. “Queremos intentar que a nosa xente pouco a pouco se vaia ilusionando con nós, que se involucre no noso proxecto e, de momento, creo que o estamos conseguindo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo