Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis con 113 distintivos para os areais

A Xunta de Galicia recoñece o labor dos concellos galegos para manter a nosa Comunidade como a autonomía española nunha das primeiras posicións co maior número de bandeiras azuis en 2017. Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 113; que se eleva a 131 distincións para praias e portos deportivos.

Nesta nova edición, o Concello de Sanxenxo volve repetir posición como o concello galego con máis bandeiras azuis, con 11 praias distinguidas.  Polo que respecta á provincia de Lugo, Foz é o concello máis recoñecido, con catro galardóns para as praias de Peizá, Llás, As Polas e A Pampillosa.

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas.

Cómpre destacar a primeira posición que ocupa Galicia en canto aos distintivos de sendeiros azuis, xa que suma 26 itinerarios que enlazan praias ou portos con bandeira azul que contribúen ao uso sostible do litoral.

En relación aos portos deportivos, en 2017 Galicia obtén 18 galardóns, dos que oito son das provincia de Pontevedra, outros oito da Coruña e dúas de Lugo. É de destacar que Galicia tamén recibe a distinción para 15 centros azuis, dun total de 71 en toda España. O requisito para converterse en centro azul para un concello con bandeira azul ás súas praias ou portos, é a existencia dun centro de visitantes, aula do mar ou de natureza que ofreza educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sostible,

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com