A Garda Civil desarticula un punto de venda de drogas en Foz

A Garda Civil no marco da operación X_PRESS detivo onte a un veciño da localidade de Foz de 39 anos de idade como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas. Na explotación desta operación policial, e segundo informa a Garda Civil, practicáronse entradas e rexistros nos dous establecementos hostaleiros que rexenta o detido así como no seu domicilio habitual, incautando cocaína xa fraccionada para a súa distribución e certa cantidade de cartos en metálico.

O detido, co fin de obter a cocaína para a venda, solíase trasladar con frecuencia á provincia da Coruña para adquirir as doses que despois vendía polas localidades de Foz, Lourenzá e Mondoñedo. O detido foi posto a disposición xudicial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo