A Garda Civil sanciona a un lucense de 70 anos por facer un uso incorrecto do cinto de seguridade

A Garda Civil de Lugo sancoinou esta mañá a un home, veciño de Lugo, de 70 anos por facer un uso incorrecto do cinto de seguridade. Os feitos tiveron lugar ás 11.45 desta mañá mentres axentes do Subsector de Tráfico da provincia se atopaban no punto quilométrico 0 da estrada LU-111 entre Rábade e Cospeito realizando un punto de verificación do uso do cinto de seguridade. Os axentes puideron observar como nun vehículo mixto, ó cal lle detiveran a marcha, o condutor facía uso dun “peculiar” sistema para aliviar a suxeición propia do dispositivo.

O sistema consistía nun alambre de aceiro, dobrado en ambos extremos. Un deles estaba enganchado na parte transversal do cinto, a que suxeita a parte superior do corpo en caso de colisión e impide que sexa proxectado hacia diante e, o outro extremo, engachado á manilla do interior da porta do condutor, permitindo que o cinto quedase frouxo e perdendo toda a eficacia. Ademáis, este sistema podería chegar a supoñer un grave perigo en caso de accidente pois o metal ríxido podería converterse nunha arma punzante.

O condutor asegurou que o cinto lle molestaba e por eso utilizaba este artefacto, para facer “unha condución máis cómoda”. O lucense foi proposto para sanción por non usar adecuadamente o cinto.

Posibles estafas

Noutra orde, a Garda Civil de Lugo advirte de posibles estafas a persoas de avanzada idade na provincia. O corpo de seguridade investiga unhas supostas estafas cometidas na zona sur da provincia nas cales as vítimas reciben unha chamada telefónica no seu domicilio, con acento sudamericano facendose pasar por un parente emigrado. O estafador comenta que se atopa nun aeroporto retenido e que precisa dun ingreso de cartos urxente, solicitando nun primeiro momento unha cantidade elevada que vai reducindo a medida que avanza a conversación para xerar confianza na vítima. Se a vítima accede ás pretensións do seu interlocutor, este facilítalle un código de envío de cartyos a través da oficina postal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com