O Goberno da Deputación promociona a Feira de Artesanía e Gastronomía de Castroverde

O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Onega, o Alcalde de Castroverde, Xosé María Arias Fernández, e a Concelleira de Cultura, Pilar Ferro Villar, presentaron este luns, a XII Edición da Feira de Artesanía e Gastronomía que terá lugar o vindeiro 13 de agosto no antigo mercado de Castroverde. Paralelamente a este encontro tamén se celebrará a V Edición da concentración de coches e motos clásicos da vila.

O organismo provincial achega 6.000 euros para a organización desta Feira, promovendo os produtos autóctonos e os oficios artesanais como sinais de identidade e atractivo da provincia que, ademais de xerar riqueza, contribúen ao impulso turístico da vila.

O Deputado avanzou que “a Deputación é a unica administración que colabora con este evento, xunto co Concello, e faino, para contribuír a dinamizar a economía local, a produción artesanal, a gastronomía local, e contribuír así á promoción turística deste pequeno lucense. Esta cita, recibe cada ano a miles de visitantes, e xa esta consolidada dentro do panorama festivo da Comarca lucense”.

Xosé María Arias Fernández agradeceu a colaboración e o compromiso do Goberno da Deputación “para garantir que se celebre unha nova edición deste feira”. O rexedor, que espera recibir máis de 5.000 visitantes, convidou a todos os visitantes “a achegarse a Castroverde para desfrutar dunha dia de lecer, nun ambiente lúdico-festivo, e ao mesmo tempo coñecer as nosas tradicións, a nosa historia e o noso patrimonio”.

Artesanía, gastronomía e música

A XII edición da Feira de Artesanía e Gastronomía arranca ás 10:00 horas no antigo mercado que, durante toda a xornada, acollerá demostracións en vivo de oficios tradicionais como cestería, latón, cerámica, feltro ou instrumentos musicais.

V Concentración de motos e coches clásicos

Paralelamente a esta Feira, o recinto feiral acolle tamén a V Concentración de motos e coches clásicos. Haberá premios para os vehículos máis antigos e mellor conservados, que serán avaliados por un xurado experto na materia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo