O Goberno pon en marcha durante o Nadal as Aulas Abertas

O Goberno de Lugo pon en marcha un Nadal máis a programación de Aulas Abertas, co obxecto de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nestas datas. Así o deu a coñecer esta mañá a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Gonzalez Abelleira. Trátase de actividades dirixidas a nenos e nenas de 3 a 11 anos, que terán lugar nos centros de convivencia da Milagrosa e María Balteira -de 4 a 11 anos- e Maruja Mallo -de 3 a 10 anos-. Para esta programación, que ten un horario de 09:30 a 13:30 horas, hai 20 prazas en cada centro, é dicir, un total de 60 prazas.

Estas actividades tamén reforzan as ociotecas que ofrece o Concello, para que os nenos e nenas empreguen as súas épocas de lecer en distintas alternativas lúdicas educativas en horarios que ademais faciliten a súa conciliación. As Aulas Abertas celebraranse os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018. As persoas interesadas deberán aboar 1,03 euros ao día.

As solicitudes de inscrición deben realizarse dende o vindeiro luns, 18 de decembro, ao mércores, 20 de decembro, de 09:00 a 13:00 horas no centro no que se queira realizar a actividade. Resérvase un máximo dun 40% das prazas para persoas con diversidade funcional. Cada persoa só poderá efectuar solicitudes para unha única unidade familiar.

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. A participación nesta programación seguirá a seguinte orde de prioridade: persoas empadroadas no Concello de Lugo, persoas non empadroadas derivadas polo servizos sociais do Concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com