Homenaxe a Xosé Manuel Carballo en Castro de Rei

Mañá, sábado, en Castro de Rei, renderase homenaxe a Xosé Manuel Carballo, promovida polos seus máis directos colaboradores e amigos: Os Valuros, grupo de teatro, e Os Baluros, grupo de música galega.

Comezarán os actos ás catro da tarde no Cemiterio de Goberno, onde o Alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado descubrirá unha placa no sepulcro de Carballo, que lembra que era Fillo predilecto de Castro de Rei, rezarase un responso, farase unha ofrenda floral, e os Baluros interprerán Carballesa, do gaiteiro Raul Galego, que homenaxea a Xosé Manuel Carballo, así como a Marcha solemne do Antigo Reino de Galicia.

Ás 17,00, no Centro Cultural de Castro de Rei, o Alcalde, familia de Carballo e organizadores da homenaxe descubrirán a placa que desde agora identifica a este antigo Teleclub como CENTRO CULTURAL XOSÉ MANUEL CARBALLO, e xa no interior unha foto en pedra do homenaxeado.

No conseguinte acto de homenaxe intervirán o Alcalde de Castro de Rei, Bispo de Mondoñedo Ferrol, unha ducia de amigos de Carballo, e actuarán os magos David Méndez, Oscar e o Mago Antón, discípulos e amigos do crego ilusionista homenaxeado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo