Imperioso

A idea que tiñamos de Donald Trump, era a dun multimillonario ensoberbecido, megalómano todopoderoso, que tiña no Dólar o seu deus e no poder a súa relixión. E cada vez podemos reafirmarnos máis nesta idea.

Hai quen o compara con Jesús Gil, pero postos a comparar –visto como entrou na Presidencia- mellor cabería a comparación con Imperioso, o Babieca de Jesús Gil. Gil foi un verso solto da antipolítica española, e niso si que se parecen os dous. Trump posúe o seu propio rascaceos, e agora manexa as chaves do poder da nación máis poderosa do mundo. E a xente cabal non comprende como un pobo libre como os Usa poden elixir un Presidente así, contra o seu propio partido, contra o sentido común, contra natura.

Se o Presidente de España fose un botarate só perxudicaría aos propios españois, ás nación veciñas, e mesmo aos organismos dos que forme parte. Pero ser presidente dos Estados Unidos pode resultar moi perigoso para todo o mundo.

Agora que xa goza do cargo, todos parecemos encollernos dentro das nosas xeografías persoais, temendo as repercusións das decisión brutais deste personaxe que ninguén se explica como chegou onde chegou. E o temibles que poden ser as súas decisións cada momento de cada día dos case mil cincocentos que vai estar sentando no despacho do home máis perigoso (poderoso) do mundo.

Aló os americanos co presidente que votan e polas decisións que tome, pero neste mundo global, todos dependemos de todos, os poderosos son cada vez máis poderosos, e as súas decisións afectaranos de forma moi directa. E visto o visto, temos todas as de perder.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com