Un incendio nun pazo en Cospeito deixa danos materiais no seu interior

O 112 Galicia recibía a alerta dun incendio nun pazo en Cospeito a través dun particular ás 10:30 horas. Indicaba que o inmoble estaba deshabitado e que saía fume polo tellado.

De seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia poñía a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vilalba e da Garda Civil. Ademais, por precaución, o 112 Galicia informaba do ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o lume calcinou todo o interior da vivenda, colapsou o tellado e afectou á estrutura.

Os feitos tiveron lugar en Pumares, na parroquia de Támoga. Finalmente, a dotación, que traballou  na extinción do incendio durante máis de cinco horas, conseguiu sufocar o lume e levou a cabo tarefas de refresco na zona.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo