Iniciativa do BNG para a recuperación do patrimonio no Camiño Primitivo

O grupo parlamentar do BNG, a través da súa viceportavoz e deputada pola provincia de Lugo, Olalla Rodil, presenta unha proposición non de lei co fin de instar á Xunta de Galiza a realizar un plan de recuperación con orzamento, para intervir na igrexa de San Salvador de Soutomerille e toda a súa contorna, onde se atopa diferentes elementos algúns deles catalogados como Ben de Interese Cultural (BIC) como son a Torre de Arriba e a Torre de Abaixo. “O estado de abandono dun lugar como Soutomerille, en pleno Camiño Primitivo e no que se atopan dous Bens de Interese Cultural (A Torre de Arriba e a Torre de Abaixo, cuxa catalogación como BIC data de 1994) é inadmisíbel”.

Soutomerille é un lugar privilexiado, por onde pasa o Camiño Primitivo, cunha paisaxe cuberta por carballos e castiñeiros con centos de anos, e con un patrimonio importantísimo e único, como é o estilo visigótico da propia igrexa ou o que se considera o cemiterio máis pequeno de Galiza.

As demandas que traslada o BNG ao Parlamento recollen as denuncias públicas desenvolvidas en múltiples ocasións desde a asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde que leva anos reclamando actuacións por parte do Goberno galego para recuperar os inmóbeis e a igrexa de Soutomerille.

Desde o BNG lembran que o Camiño Primitivo foi declarado Patrimonio da Humanidade e a propia Xunta promove a través de Turgalicia a visita a Soutomerille na etapa que transcorre polo Concello de Castroverde, “non se entende entón o abandono no que senatopa este lugar senón é polo desleixo do goberno”.

.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo