Jaime Castiñeira despídese definitivamente do Concello de Lugo

O ex voceiro do Grupo Municipal Popular, Jaime Castiñeira, presentou hoxe ante o pleno a súa acta de renuncia como concelleiro. A comezos deste mes, o popular anunciaba ante os medios a súa renuncia ao cargo de voceiro e ao asento do pleno como edil da agrupación azul, feitos que hoxe fixéronse efectivos.

Unha emotiva despedida a que fixo Castiñeira agradecendo aos seus compañeiros, tanto do PP como doutras cores políticas e recordando, a todos aqueles que non están xa no Concello. Nas súas últimas verbas como edil, Jaime Castiñeira fixo un chamamento para que o goberno local siga a traballar por Lugo.

E, doutro lado, un emocionado Antonio Ameijide, que recibía hai uns días a portavocía do Grupo Popular, e despedíase hoxe de Castiñeira, en nome do seu equipo, agradecendo “os 18 anos de traballo e todo o que lle enseñou ao longo dos mesmos” que leva no concello e desexandolle “sorte, moita sorte nas túas responsabilidades políticas que todavía te quedan por diante, pero sobre todo, sorte ante os retos que che quedan ao longo da vida”.

Tamén a alcaldesa, Lara Méndez, dedicoulle unhas palabras a Castiñeira desexandolle un “bo camiño” e animando ao edil a seguir loitando pola cidade de Lugo. “Debemos traballar en pro da cidade e seguir traballando por ter un Lugo mellor. Esto non é unha despedida, porque seguirás tendo responsabilidades e polo tanto que sigas tendo presente a Lugo nas túas novas resposabilidades e que sigamos tendo unha comunicación directa con ese obxectivo único que é Lugo”, concluíu a rexedora.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com