Josete confesa as gañas do CD Lugo de enfrontarse ao SD Huesca

O central zurdo do CD Lugo, Josete Malagón, foi hoxe o protagonista da primeira das roldas de prensa que o club ofrecerá esta semana. O defensa ilicitano transmitiu a ilusión e as gañas coas que os albivermellos afrontan dende o vestiario o vindeiro partido, que terá lugar este domingo no Alcoraz, contra a SD Huesca: “É un encontro moi bonito para xogar e, sobre todo, para gañar. Nós imos ir alí coa máxima humildade, como estamos a facer e como estamos a afrontar cada partido, así que tocará ir con todas porque xa sabemos o potencial que ten a Sociedade Deportiva Huesca”.

A pesar de que o rival do domingo é o líder, co que os albivermellos empatan a puntos, o defensa do CD Lugo sinalou o rendemento do propio equipo como a clave do duelo: “Nós imos afrontar o partido coa máxima humildade e traballándoo desde o primeiro minuto ou desde o primeiro adestramento, que foi hoxe. Dános igual quen estea diante, centrámonos máis en nós que no propio rival” asegurou Josete quen reiterou en diversas ocasións na humildade e a ambición coa que chegan ao choque, e insistiu en que “estamos bastante ben tanto en casa como fóra polo que “dende o respecto” van tentar gañar alí.

Da outra banda, os albivermellos se atoparán unha SD Huesca da que Josete afirmou que “os seus números dino todo”. E é que os oscenses non só empatan a puntos co CD Lugo senón que xogando na casa nunca perderon, o que para o central significa que “será moi difícil” pero non deixou de lembrar a “ilusión” coa que o equipo da muralla intentará “buscar os seus puntos frouxos porque, como todo equipo, teñen algún”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo