Libera! denuncia a “cero iniciativa” da Deputación na loita contra o abandono animal

Organizacións animalistas denunciaron hoxe o “nulo interese” da Deputación Provincial de Lugo por atallar unha problemática que eles mesmos consideraron de “crecente gravidade para o conxunto dos Concellos”, como é o abandono animal, “onde a única proposta ata o momento foi anunciar e consignar fondos para construír unha macroperrera no termo municipal de Monforte”.

A Asociación Animalista Libera! e a Fundación Franz Weber advirten que este proxecto só ten por obxectivo lograr que os municipios da zona sur “cumpran” legalmente coa súa competencia de recollida de animais, delegándoa nun hipotético servizo provincial, pero sen abordar a orixe do problema nin gastar nin un céntimo en prevención.

Neste sentido, os defensores dos animais sosteñen que é “necesario e urxente” apoiar aos colectivos e entidades protectoras da provincia, que están a asumir “en non poucos casos” as tarefas que corresponderían aos consistorios sen recibir axudas provinciais nin locais, rescatando e rehabilitando animais nun pésimo estado.

Como potenciais solucións, en primeiro lugar piden a convocatoria dunha liña de axudas para entidades, similares ás xa convocadas polas deputacións da Coruña e Pontevedra, e que inclúan fondos para desenvolver campañas de sensibilización ou para financiar as actividades de rescate e recuperación.

Ademais, FFW e Libera! subliñaron a necesidade de elaborar un plan estratéxico sobre o sacrificio de animais sans, unha práctica que quedará prohibida nos próximos meses, cando finalice a moratoria imposta pola Lei de Benestar Animal de Galicia. O sacrificio cero, unha proposta defendida polos animalistas como fundamental na normativa autonómica, require un verdadeiro compromiso de todas as administracións da provincia de Lugo, xa que o panorama actual pon en valor a falta de interese que ata agora tiveron con respecto ao benestar dos animais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com