Localizado un home falecido e atrapado debaixo do seu tractor en Friol

Atopan debaixo dun tractor a un home de 77 anos falecido que a súa familia buscaba dende a tarde pasada en Friol. Foi precisamente a familia quen, á primeira hora desta mañá, atopou á vítima.

Así o comunicaba persoal do 061, ás 06:30. Indicaban que o home estaba atrapado debaixo do seu tractor, nunha finca da parroquia de Ousá, polo que era necesario o uso do material de excarceración.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com