Lugo abre boca ás festas patronais coa VIII Noite Aberta

As Concelleiras de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico; Benestar Social, Igualdade e Inclusión, e Concello e Cidadanía, Ana Prieto, Ana Abelleira e Rosana Rielo, respectivamente; e outros membros da Corporación Municipal, asistiron na noite de onte ao desfile de moda que inaugurou a VIII Noite Aberta, organizada pola Asociación de Autónomas de Lugo. O Concello de Lugo, dentro do seu impulso polo comercio de proximidade, colaborou con esta iniciativa que pon en valor o comercio local. No desfile, presentado pola artista Lucía Pérez, tamén estivo presente a presidenta de honra e a presidenta deste colectivo, Noral Real e Marta López, así como o Deputado de Innovación, Pablo Rivera.

Na VIII Noite Aberta participaron máis de 90 establecementos do centro da cidade, engalanados de rosa, ofrecendo importantes descontos nos seus produtos e distintas sorpresas nos locais, como actuacións en directo, cátering ou coctelería.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com