Lugo acollerá esta fin de semana a Copa Princesa de Voleibol

A cidade de Lugo é o escenario elixido para xogar, ao longo desta fin de semana, a XI edición da Copa Princesa de Voleibol que terá lugar no Pavillón Municipal. A competición, unha das máis importantes da tempada a nivel nacional, reunirá aos 4 mellores clubs da Superliga 2 feminina: CV Emevé (Lugo), CV Madrid Chamberí (Madrid), CV Elche Viziusport (Alicante) e CV Xátiva (Valencia).

Os Gobernos de Deputación e Concello de Lugo colaboran na organización desta cita deportiva, pois achegan 70.000 e 45.000 euros respectivamente, ao Club Voleibol Emevé, o equipo referencia desta modalidade na provincia, para financiar os gastos da tempada e a celebración deste evento, que terá unha importante repercusión deportiva e mediática para a cidade, ademais de ser unha oportunidade única para promover o deporte feminino.

A Copa da Princesa de Voleibol é a competición española máis recente, debido a que se inicia na tempada 2007-2008. O Club Emevé xa sabe o que é levantar esta Copa, pois alzouse coa sétima edición, que tivo lugar en Miranda de Ebro no ano 2014. Esta nova edición do torneo do K.O. da división de prata do voleibol nacional terá lugar por primeira vez en Lugo. O Pavillón Municipal será a sede dun intenso campionato copeiro no que se enfrontarán os 4 mellores Clubs a nivel nacional da Superliga 2 feminina (os dous primeiros do Grupo A e os dous primeiros do Grupo B) clasificados na primeira volta da liga. Como tal, Copa Princesa é uns dos 6 títulos máis importantes da tempada de Voleibol a nivel nacional. 

Nesta edición participarán o CV Elche e o Xàtiva Voleibol, como primeiros clasificados do Grupo B, xunto ao Madrid Chamberí e o Emevé, primeiros clasificados do Grupo A.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com