Lugo acollerá un congreso sobre como previr e afrontar os diferentes tipos de cancro

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, o presidente do colectivo Somos unidos por el cáncer, José Manuel Vázquez, e a directora técnica desta asociación e oncóloga adxunta a este servizo do HULA, Begoña Campos, presentaron este luns no Salón de Plenos o I Congreso Provincial para Pacientes con Cancro e o seu Entorno Familiar, que se celebrará o vindeiro 14 de novembro no Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD). O Concello colabora con esta iniciativa cunha achega económica de 1.200 euros.

O I Congreso Provincial para Pacientes con Cancro e o seu Entorno Familiar ten por obxectivo convertirse nun punto de encontro para os pacientes, familiares e profesionais, no que se busca compartir experiencias e mellorar a información sobre os diferentes aspectos que abarca o cancro, unha enfermidade da que no pasado ano 2014 se diagnosticaron en España 241. 284 tumores.

González Abelleira destacou a importancia de que, cada vez con maior asiduidade, Lugo sexa sede de todo tipo de encontros. Así mesmo, a edil fixo fincapé neste “congreso novidoso”, tal e como o definiu González Abelleira, como “unha oportunidade única para resolver cuestións dende a aparición da enfermidade, do que é o cancro e de como tratalo, ademais de falar da súa superación e de como lograr o benestar persoal”·

Pola súa banda, Vázquez e Campos agradeceron a colaboración do Concello para desenvolver esta iniciativa ao tempo que facían fincapé no programa deste congreso, que abarca ponencias e talleres prácticos sobre os diferentes tipos de cancro.

Programación

O I Congreso Provincial para Pacientes con Cancro e o seu Entorno Familiar arrancará ás 09:30 horas e desenvolverase ata ao redor das 20:00 horas. No CENTRAD daranse cita os mellores profesionais para tratar cuestións como o cancro infantil, o de mama, o de larinxe ou o de pulmón; así como aspectos para mellorar a supervivencia no cancro de colon, a colonoscopia, a preservación da fertilidade, as lesións cutáneas, os fármacos ou os cuidados da quimioterapia no fogar, entre outros. Complementarán estas ponencias un taller de oncoestética así como unha xornada para pacientes larigtomizados.

Inscricións

Todos os interesados poden inscribirse de xeito gratuíto ben a través da web www.somosupec.com ou do enderezo electrónico info@somosupec.com, ao que se debe enviar o documento de inscrición, que se pode atopar na web, debidamente cumprimentado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com