Lugo conmemora o Día do Camiño Primitivo

Penúltimo día das patronais lucenses e día dedicado á conmemorar o Camiño Primitivo no seu paso pola provincia e pola cidade. Para esto, a alcaldesa Lara Méndez acompañada de membros da asociación Solidariedade Internacional polos Dereitos Humanos ademáis de diferentes membros da corporación local así como deputados provinciais, realizaron un breve percorrido con saída da Casa Consistorial por esta ruta primitiva da cidade.

Ás 11:00 horas, Lara Méndez recibiu no Salón de Plenos á presidenta e directora do colectivo impulsor da ruta dos Dereitos Humanos, Elizabeth Sánchez e Devorah Sasha, respectivamente; así como a outros membros da Corporación Municipal, e a distintos rexedores dos municipios polos que atravesa esta ruta xacobea, José María Arias, Ángel Enrique Martínez, Jesús Carreira e Argelio Fernández Queipo. Tamén estivo presente o Alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

Posteriormente, desprazáronse en comitiva, acompañados de dous gaiteiros, ata a Praza do Camiño, onde se colocou unha das placas, e logo recorreron o treito do Camiño de Santiago ata o centro museográfico de Porta Miñá. A partir de hoxe nestes puntos están expostos os artigos 20 e 21 da Declaración de Dereitos Humanos: “teño dereito a reunirme libremente” e “teño dereito a participar en eleccións libres e xustas”.

Lara Méndez destacou a importancia deste día na cidade e quixo resaltar a vinculación este ano do Camiño cos Dereitos Humanos algo que dixo, “non podemos perder nunca”. A rexedora de Lugo, reiterou a importancia de poñer en valor os Dereitos Humanos vinculados tamén coa educación. 

Durante a intervención, a alcaldesa de Lugo agradeceulle á asociación por facer á cidade partícipe nesta ruta. “Non entendemos mellor forma de visualizar os propios dereitos humanos que no Camiño Primitivo, un camiño que é de todos, que non entende de nacionalidades, que se amosa con todas as súas dificultades e que deixa entrever
solidariedade, amizade e superación”.

A rexedora aproveitou os actos conmemorativos para defender, con maiúsculas, os dereitos humanos, nun momento no que máis de 65 millóns de persoas ao ano se desprazan de xeito forzoso por mor de conflitos bélicos ou persecucións, ao tempo que insistiu en que as institucións “debemos traballar e dar exemplo para que prevalezan, por riba de todo, os dereitos humanos, os dereitos de todos”.

Pola súa banda, o Alcalde de Santiago amosou o seu orgullo de participar tanto nunha festas tan sinaladas como as do San Froilán así como nun día tan especial como o dedicado ao Camiño Primitivo,”que deu razón de ser ao resto de camiños”.

“Desprezo a Amigos do Camiño”

Neste senso, o grupo municipal do PP en Lugo criticou esta mañá que o concello se esquecera das asociacións dedicadas ao Camiño de Santiago para conmemorar o día de hoxe. O edil Ángel Trabada non comprende como dende o Concello decidiron “non contar” coa Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo, xa que é unha asociación de Lugo, das máis antigas de Galicia e unha das primeiras de España, que ao longo do ano realizan unha cantidade importante de actividades en torno a este Patrimonio da Humanidade

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo