Lugo da o pistoletazo de saída ao XiraKarting na última fin de semana de maio

Lugo irá sobre rodas a última fin de semana de maio coa 11ª edición de XiraKarting, un evento pionerio de kárting móbil en Galicia, que foi presentado este venres no Salón de Plenos pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a directora de RGM Eventos, Raquel González.

“Para o Concello é un orgullo volver a estar nesta xira, que neste caso dá o pistoletazo de saída en Lugo“, subliñou a rexedora durante o acto de presentación, onde amosou a satisafación por acoller este tipo de actividades, “un reclamo máis para que a xente veña a visitarnos”.

Raquel González agradeceu ao Concello que un ano máis lle tende a man a XiraKarting, así como o seu compromiso e colaboración para que esta actividade lúdico deportiva siga en pé.

Horarios e actividades

Xirakarting é unha actividade dirixida tanto aos máis cativos como a adultos, que pretende achegar, a través de circuítos urbanos de karts, o mundo do motor ás familias de xeito económico. Este evento arrincará o venres 26 e continuará o sábado 27 e o domingo 28 de maio, en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas.

Logo desprazarase a Ourense, Santiago, Ferrol, A Coruña e Vigo. A entrada de adulto custa 15 euros e a dos cativos, 10 euros, con mangas de 7 minutos. Pódense conseguir descontos nas redes sociais oficiais de Xirakarting e invitacións e vales en Gadis.

Ademais existen promocións para familias, mozos, grupos e para conductoras. Esta undécima edición volve incluír probas puntuales para a competición dos máis pequenos, de 4 a 7 anos, a denominada Rockies Cup, co obxectivo de xerar canteira de pilotos en Galicia. Para o mellor participante, haberá unha beca. Ademais de circuítos de karts, neste evento haberá outras alternativas de lecer como hinchables ou food trucks.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com