Lugo entrégase por completo ao Breogán, que regresa á liga ACB

O Concello de Lugo recibiu este sábado ao Cafés Candelas Breogán, “moito máis que un equipo de baloncesto”, ao que a Alcaldesa da cidade, e a Corporación Municipal, en nome do pobo de Lugo, lle expresou a “tremenda satisfación e orgullo” polo logro que conseguiron onte á noite no Pazo Provincial dos Deportes, ascender á liga ACB.

A rexedora presidiu o acto, no que estiveron presentes o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e representantes de todos os partidos políticos da Corporación Municipal, así como o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, o presidente do club, Suso Lázare, xogadores e equipo técnico.

A alcaldesa enxalzou o espíritu loitador do Breogán e agradeceulles que sexan modelo de inspiración para os nenos e nenas do municipio. Así mesmo tamén tivo palabras para a afección, por momentos emocionada e moi ilusionada, que se concentrou na Praza Maior para recibir cos brazos abertos ao club e agradecerlles o ansiado ascenso. Un a un interviron todos os xogadores para agradecer o apoio que lle brinda partido tras partido a marea celeste, veciños e veciñas de Lugo, que entoaron o famoso himno do club, Seguimos en pé.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com