Lugo Monumental ofrécese a levar a web da Praza de Abastos de xeito gratuito

A Asociación Lugo Monumental reclama ao Concello de Lugo a posta en funcionamento da páxina web oficial da praza de Abastos, chegando, incluso a ofrecerse a xestionala dende a asociación sen ningún custo. Dende a asociación lembran que este servizo, no seu momento, supuxo un gasto de 35.000 euros das arcas públicas e que, a pesares disto, leva anos fóra de funcionamento.

Para Lugo Monumental, a importancia desta páxina radica na necesaria actualización da imaxe da propia praza de Abastos e considérana “básica” para atraer ao público máis novo. Asemade, a asociación resalta tamén a importancia que pode ter, unha boa comunicación dixital, á hora de atraer turismo á cidade.

Tras os numerosos erros que dá a páxina web, sita, no seu momento no enderezo www.mercadodelugo.gal, a Asociación Lugo Monumental ofrece a súa axuda e colaboración ao Concello de Lugo, para xestionar un novo site, comprometéndose a mantelo actualizado sen custo ningún para as arcas municipais sempre que a administración lles facilite a información necesaria para levar a cabo esta labor.

A asociación insiste en que a oferta non suporía contrapartida por parte do Concello e compométense a incluír todos  os que o desexen e manter actualizar a información dos mesmos.

Lugo Monumental asegura que para a propia asociación supón un esforzo realizar este ofrecemento xa que non teñen nin persoal nin sede e que non pide ningunha subvención, polo que “demostra a gran importancia que para nós ten a posta en marcha desta web”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo