Lugo Monumental presenta 28 proxectos e iniciativas para os Orzamentos Participativos

A asociación recolleu as propostas dos asociados, demostrando así un espírito constructivo que considera imprescindible para a mellóra da cidade.
As iniciativas son moi diversas e inclúen desde a creación de novos parques infantís no casco histórico (unha reiterada demanda da Asociación) ata novedosas ideas como a dotación de bicicletas eléctricas á Praza de Abastos e o Mercado para reparto a domicilio.
Unha vez máis Lugo Monumental colabora na iniciativa dos Orzamentos Participativos presentando 28 proxectos para mellora do casco histórico e a súa contorna.
As ideas que se aportan responden a cuestións de urbanismo, turismo, mobilidade, parques infantís, festas, colaboración co tecido empresarial e un apartado moi concreto dedicado á Praza de Abastos.
Entre as ideas propostas inclúense algunhas vellas demandas da asociación, como a eliminación de barreiras arquitectónicas na Pórta Falsa ou a posta en funcionamento da fonte de Porta Miñá, e outras novas como bicicletas eléctricas para reparto de mercancías na Praza de Abastos, ou consignas para os clientes e profesionais, ata con instalación dalgunhas refrixeradas.
Doutra banda préstase atención tamén, á necesidade de instalar parques infantís no casco histórico e suxírense acións no Nadals coma dun Carrusel na Praza da Soidade para ditas datas ou un Magosto para a ponte do primeiro de Novembro.

Colaboración:

A destacar, que Lugo Monumental ofrece ao concello a súa colaboración para o desenvolvemento destas iniciativas, ata cunha achega económica para levalas a cabo como é o caso dos parques infantís ou outras iniciativas.
Confiamos en que estas ideas poidan ser realizables si logran apoio popular, xa que os Orzamentos Participativos son elixidos polos usuarios.

Relación de propostas:
Urbanismo:
Eliminación de barreiras arquitectónicas en Pórta Falsa.
Mellora da seguridade de pasos de peatones.
Posta en funcionamento da fonte de Porta Miñá.
Posta en funcionamento da fonte de Ruanova.
Colocación de papeleras no casco histórico.

Mobilidade
Campaña de aparcamiento gratuito no casco histórico.

Turismo
Instalación de cámaras web turísticas, sinalización turística na Estación de Autobuses, placas Patrimonio da Humanidade , mellora de sinalización do Camiño Primitivo, sinalización con puntos LED do Camiño Primitivo.

Instalación de Parques infantís en: Praza da Soidade,  Praza do Ferrol, Praza de San Marcos, e na  Praza Maior.

Tecido empresarial:
Distintivos para os locais máis antigos da cidade.
Campaña de información sobre acceso de mascotas.

Festas:
Carrusel no Nadal na Praza da Soidade.
Organización dun Magosto Popular no casco histórico.

Praza de Abastos:
Mercados diarios, decoración de Nadal, ludoteca , WIFI , dotación de bicicletas eléctricas  para reparto
Sinalización interior, sinalización urbana, instalación de consignas de uso profesional e instalación de consignas de uso público, entre outras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com