Lugonovo advirte que o Concello renuncia a cobrarlle unha tasa ás telefónicas polo uso da vía pública

O Concello de Lugo renuncia a cobrarlle ás compañías telefónicas pola utilización que fan da vía pública ao tender as infraestruturas coas que prestan o servizo de móbil, segundo denunciou Lugonovo esta mañá.

Para a agrupación municipal o motivo, segundo a documentación facilitada á agrupación municipal polo goberno local esta mañá, apunta ao feito de que xa se están redactando tres regulamentos pendentes, o do guindastre, o do IBI e dos comedores escolares, polo que o departamento encargado de redactalos non pode asumir máis carga de traballo.

Para o voceiro de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, este feito é “inaudito e simplista, unha tomadura de pelo”.

 

A resolución argumenta que “neste intre non é posible redactar a ordenanza de telefonía móbil por canto implica a obtención de información de liñas telefónicas e outra serie de datos para a conformación do estudo de custos que son de difícil cuantificación e esixen un período longo para o seu desenvolvemento”. Segundo explica Fernández Rocha, con esta afirmación, o seu partido entende que o goberno “prefire desistir no intento de obrigar ás grandes empresas a contribuír cos impostos locais”.

O voceiro da formación anuncia que interpelará por escrito ao executivo para coñecer cales son as súas verdadeiras intencións. E aclarou que agardan que a respostas sexa, dixo, máis seria e convincente.

No seu día a formación apuntaba que este tributo podería supoñer para a cidade o ingreso de preto de medio millón de euros anuais, tendo en conta que Vigo percibe polo mesmo concepto 800.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com