Lugonovo denuncia falta de control sobre o mantemento das piscinas municipais

A portavoz de Lugonovo lamenta a falta de honestidade do equipo de goberno que esta mañá, no transcurso das Comisións de Infraestruturas e Deportes, non foi quén de contestar a moitas das preguntas presentadas pola formación para tratar de esclarecer o impacto económico que tiveron as fugas detectadas nas piscinas cubertas de Frigsa.

“Entre outras cuestións, pedimos coñecer as datas das últimas dúas revisións realizadas ás instalacións, mais o portavoz socialista non aportou ningún tipo de dato ao respecto escudándose en que a supervisión é permanente. Se iso é así, ¿como pode explicar que non se lle puxeran remedio as filtracións ata que as denunciou Lugonovo si estaban informados dende marzo da súa existencia?, reprocha Cristina Pérez Herráiz.

A voceira subliña que o descontrol do executivo sobre o funcionamento das dotacións municipais resulta “evidente” ante o feito de que “non sexa capaz de ofrecer unha estimación da cantidade de litros que se perderon nin tampouco dos custos que tivo, para as arcas locais, caldear de novo toda esa auga” e tratrala quimicamente para incorporala ao vaso.

“Agardamos que agora que pensan incluír tamén as tarefas de mantemento no novo contrato para a xestión do recinto, a súa conservación se realice de forma axeitada”, conclúe Pérez Herráiz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo