Lugonovo denuncia o estado que presenta, cada luns, o patio do Ceip Rosalía de Castro tras o botellón

“Xiringas, excrementos, ouriños, latas e botellas ate encher tres sacos de lixo. É a resaca coa que, cada luns, amence o patio do Ceip Rosalía de Castro, froito dos efectos do botellón e o vandalismo”, así o describen os edís e a edil de Lugonovo, que consideran esta situación insostible dado que afecta dende hai meses aos 380 alumnos do centro.

Santiago Fernández Rocha, voceiro desta agrupación denuncia que o recinto escolar parece un vertedoiro e considera convinte intensificar a vixilancia policial na zona durante as vindeiras semanas como instrumento de disuasión para os que celebran este botellón, tras visitar esta mañá o centro de estudos.

Santiago Fernández Rocha describe a paisaxe que se atopou como unha esterqueira. “O xardín estaba cheo de envases de bebidas, de feces humanas e cun cheiro insoportable a urina, nin as papeleiras se libraron das pintadas.  o portavoz de Lugonovo cualifica de desoladora a imaxe que ofrece cada semana este patio escolar, a pesar de que o persoal de limpeza limpia durante horas este lugar, evitando que os nenos vexan esta suciedade e mesmo se manquen cos refugallos entre os que hai, asegurou, ata xiringas.

O voceiro de Lugonovo critica con moitísima dureza a pasividade do executivo local, que tras varios requerimentos do centro, mira para outro lado, dixo o voceiro, ignorando o  problema. A propia dirección refire que xa son varios os escritos oficiais que foron enviados ao Concello pedindo axuda, o último de finais do pasado mes de marzo, pero ate o momento non recibiron resposta”.

Fernández Rocha anuncia que, dende a agrupación municipal, presentarán un rogo para que se tomen, de maneira inmediata, medidas urxentes nesta escola. “O primeiro é aumentar a altura do peche perimetral. Na actualidade calquera pode acceder sen ningún esforzo. O corpo docende relata que isto acontece a diario e mesmo en horario lectivo para facer uso das dotacións deportivas o que ten desembocado, incluso, nalgún enfrontamento tenso para conseguir o seu desaloxo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com