Lugonovo organiza unhas xornadas sobre as vantaxes do urbanismo inclusivo

Lugonovo organiza este sábado unhas xornadas sobre urbanismo inclusivo baixo o título “Repensar os espazos públicos”. Nelas falarán sobre o tipo de planificación urbanística actual e como esta, na súa opinión, “exclúe a unha gran parte da poboación, limitando os seus dereitos para gozar da cidade.

As xornadas celebraranse no local que o grupo ten na Rolda da Muralla. Serán abertas a toda a cidadanía interesada no tema, sen necesidade de posuír ningún tipo de coñecemento previo. Nelas participarán entre outros Xosé Anxo Carreira Montes, Cristina López Eimil, Amanda Díaz Pena e Paulo Grandío.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo