Lugonovo pregunta polos avances no desdobramento da Infanta Helena

O edil de Lugonovo, Iñaki García quere saber a que ritmo avanzan os traballos técnicos para a humanización da Duquesa de Lugo. Un proxecto que anunciou Lara Méndez en marzo “comprometendo o seu inicio para finais de ano pero do que aínda non se coñece ningún detalle”, nin dos termos do convenio asinado coa Deputación, nin do cronograma de actuacións previsto. Cuestións, entre outras, que o concelleiro trasladará á vindeira Comisión de Medio Rural e Infraestruturas ante a preocupación de que os prazos “se demoren sine die”.

“O máis grave é que o executivo condicionou ao desdobramento desta Avenida á mellora da súa sinalización e iluminación. Un argumento, para Lugonovo tan sorprendente como inverosímil e que, atendendo á velocidade coa que se desenvolve este equipo de goberno, pode implicar que nunca chegue a repintarse”, advirte García Gómez.

Dende a formación cualifican de “vergonzoso” o estado no que se atopa a estrada, tratándose ademais dunha das arterias que soporta máis circulación da capital e pola que tamén transitan, a diario, numerosos peóns. “As liñas de separación dos carrís son inexistentes, o mesmo que as que delimitan a calzada da beiravía. É imposible advertir onde remata unha e empeza outra. Toda Infanta Helena pide a berros unha man inmediata de pintura”.

Os edís do Grupo Municipal entenden que a seguridade da veciñanza non pode verse comprometida por quedar supeditada á unha cuestión de vontade política polo que instan ao goberno a “revisar os tempos estimados para a execución das obras de ensanche desta vía e a ser realista cos mesmos, priorizando por riba de calquera outra cousa a protección da cidadanía”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com