LugoSiRadio estará mañá día 12 emitindo dende a Praza Maior

Mañá rematan as Festas Patronais de Lugo 2018 e a emisora irmá de Xornal de Lugo, LugoSiradio, emitirá mañá un programa para toda Galicia dende a Praza maior de Lugo. Durante a xornada pasarán polo noso stand persoeiros que teñen relación coas festas de renome dentro e fora do país.

Asemade virán xornalistas da cadea como Gabino Porto, presentadores de programas musicais como Roberto de Álvarez e Ruben Cid que todas as tardes poñen a música máis interesante do panorama actual, mesturada con temas que forman parte das nosas vidas, todos eles acompañados pola xente de LugoSiRadio que nesta ocasión farán de anfitrións.

Convidamos a todos os lectores deste xornal  para que se pasen polo stand para coñecer de preto os novos medios de comunicación de Lugo. Porque como di o seu slogan “Novos Tempos Novos Medios”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo