Máis de 1.500 alumnos participan no Correlingua 2017 da Zona Centro

O Deputado de Participación Cidadá, Pablo Rivera Capón, participou este xoves na entrega de premios do Correlingua 2017 da Zona Centro da provincia, un evento de promoción do uso do galego dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato menor de 20 anos, que se celebra nos centros educativos de toda Galicia. En total, mobilizará no mes de maio a máis de 4.000 estudantes da provincia de Lugo e conta cunha achega económica de 15.000 euros do Executivo Provincial.

Rivera Capón subliñou que “dende o Goberno da Deputación colaboramos con este tipo de iniciativas que amosan o seu compromiso pola cultura e identidade galega, ao mesmo tempo que fomentamos o uso da lingua galega nas escolas lucenses, pois hoxe, participaron 17 centros da Zona Centro e máis de 1.500 alumnos.”

A programación do Correlingua 2017 incluíu un certame, que recoñeceu os mellores traballos escolares nas modalidades de “manifesto”, “vídeo” e “banda deseñada”. Ademais do mencionado concurso, inclúe festas e unha gran carreira que se celebrará dende hoxe e ata o 16 de maio nas diferentes vilas. Nos Concellos da provincia xa se inscribiron ata o momento 43 centros e  máis de 4.000 estudantes. O vindeiro 9 de maio celebrarase o Correlingua na Zona da Mariña, no Concello de Viveiro, para o que hai apuntados 18 centros e máis de 2.000 alumnos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com