Máis de 250 padexeiros participarán nas regatas da VIII Liga Provincial de Piragüismo

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea García, e o Delegado da Federación en Lugo, Martín Carballo Méndez, presentaron este mércores a VIII Liga Provincial de Piragüismo, que terá lugar entre os meses de maio e setembro, nos Concellos de Lugo, Ribadeo, Cervo e Viveiro. O organismo provincial achega 20.000 euros para a celebración deste campionato, co que promover o deporte base, ademais de dinamizar a economía dos Concellos da provincia nos que se celebrarán as diferentes probas.

No acto tamén participaron representantes dos sete clubs da provincia que participan na competición: Manolo Castiñeiras, do Club Fluvial de Lugo; Sabela Castro, do Cidade de Lugo; Nicolás Docal, do Club Kayak de Foz; Marcos Illanes, do Club de Piragüismo de Viveiro; Iván González, do AD San Ciprián; e Alejandro Guitian do Club de Piragüismo Altruan.

Rivera Capón subliñou que “a Liga Provincial de Piragüismo cumpre oito edicións como un evento deportivo totalmente consolidado. Ao igual que en anteriores anos, máis de 250 pedaxeiros lucenses, de todas as idades, participarán en cada unha das seis probas programadas ao longo da primavera e o verán. Unha cifra á que debemos sumar os espectadores que se achegan a presenciar o espectáculo das regatas, e os familiares dos participantes, o que suporá unha importante contraprestación económica para os Concellos, dinamizando a actividade das vilas durante as fines de semana en que se celebre cada proba”.

O Deputado de Deportes lembrou que “somos a administración que máis colabora co piragüismo da provincia, pois tan só o ano pasado achegamos máis de 210.000 euros a promoción deste deporte coa posta en marcha do novo hangar de piraguas de Foz, as axudas para os clubs de piragüismo da provincia e as becas para padexeiros lucenses”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com