Máis de 3.800 lucenses, convocados ás probas de selección do “Ben Empregado 3”

O Goberno da Deputación inicia o luns 27 de marzo as probas de selección dos 193 postos de traballo para persoas desempregadas da provincia, que ofrece en 178 empresas e colectivos sen ánimo de lucro dos 67 Concellos lugueses a través do seu Plan de Emprego BenEmpregado 3, máis social.

Están convocados máis de 3.800 lucenses no paro dende o luns e ata o 28 de abril. En www.deputacionlugo.gal están publicadas as listas de aspirantes seleccionados e excluídos, así como a data na que os candidatos deberán presentarse ás probas. As persoas citadas deberán presentarse no día e hora indicados nas Aulas de Formación da Deputación (R/San Marcos, 8), provistas do seu DNI e da documentación relativa aos datos incluídos no currículo.

Doutra banda, aqueles candidatos que optan a postos da liña B1 (dirixida a persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social), teñen que xustificar a súa condición mediante certificado oficial expedido polo órgano correspondente, no caso de que non o entregaran anteriormente coa solicitude.

Dos 3.800 aspirantes a estes empregos, 2.743 concorren á liña A1, na que 116 empresas buscan 126 perfís de diversas profesións. O Goberno da Deputación financiará ao 50% os custes laborais dos traballadores durante un ano. Outros 534 aspirantes concorren á liña B1, dirixida a persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social. Neste caso, 36 empresas ofrecen 39 empregos. O Executivo Provincial financiará ao 100% os custos salariais destes profesionais, favorecendo a igualdade de oportunidades.

Finalmente, os restantes 567 demandantes de emprego optan aos 28 postos de traballo da liña 2, que demandan 26 asociacións da provincia, que tamén recibirán o 100% da axuda da Deputación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com