Máis de 4.200 lucenses participan no Día do Veciño

O Presidente, Darío Campos Conde, e o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, participaron este domingo na 17ª edición do Día do Veciño, que se celebrou no Pazo de Feiras e Congresos da capital lucense, coa participación de máis de 4.200 veciños e veciñas da provincia. O Executivo converteu á Deputación na principal administración patrocinadora desta cita, cunha achega de 15.000 euros.

A xornada deu comezo ás 9:00 horas, cos preparativos dos que se encargaron máis de 100 voluntarios e voluntarias. Logo do partido de fútbol disputado no Pavillón Municipal dos Deportes, houbo sesión vermú amenizada por grupos de música tradicional e bailes a cargo da Escola Ritmo Lugo. O xantar deu comezo entorno ás 14:00 horas, con un prezo simbólico de 3 euros.

Santos Ramos, premiado polo seu seu labor a prol da provincia

Outro dos obxectivos deste encontro foi a entrega dos premios V de Veciños. Trátase duns premios cos que se homenaxea e recoñecen o labor dos socios que, no decorrer deste ano, destacaran por desempeñar un especial protagonismo a prol da dinamización e promoción da súa comarca, e polo tanto da provincia. Este ano foron galardoados, entre outros, o voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, o Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, ao CB Breogán, así coma medios de comunicación e empresarios lucenses comprometidos coa provincia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo