Máis de dez Mareas locais asisten no local de Lugonovo ao Encontro municipalista de En Marea

En Marea celebrou as xornadas de municipalismo en distintas cidades galegas. Así, en Santiago, Lugo, Pontevedra e Ourense, déronse cita diversas mareas locais para analizar estratexias e obxectivos de cara ás municipais do 2019.

En Lugo, foron máis dunha trintena de persoas procedentes de toda a provincia (Lugo, Mondoñedo, Foz, Vilalba, Chantada e Monforte, entre outras localidades ) que durante toda a mañá asistiron no local de Lugonovo aos debates municipalistas provinciais a prol dun cambio político profundo en 2019.

As persoas inscritas responderon a diversas cuestión, desde a utilidade de que En Marea propicie espazos colaborativos, como debería ser a participación das inscritas, os recursos e loxística que En Marea debe artellar para as mareas municipalistas, como deben ser as fórmulas de colaboración para optimizar os resultados electorais, ata os puntos que deben terse en conta para a elaboración do protocolo de colaboración entre as mareas municipais e En Marea. Tras unha fase de traballo por grupos fíxose unha posta en común que será a base do documento de municipalismo que se presentará no plenario do vindeiro mes.

Luís Villares, que asistiu a esta xuntanza, sostivo que “o espazo político de En Marea ten no eido municipalista o seu referente máis próximo porque é o lugar no que traballamos día a día colaborando coa veciñanza”. Villares afirmou que “o Partido Popular ten un motivo máis para estar preocupado, porque hoxe reforzamos esa idea de que non nos rendemos, de que estamos aquí para buscar alternativas en clave de dereitos sociais, de dereitos das persoas”.  Villares agradeceu a todas as persoas inscritas o seu “esforzo” por sentar “alicerces para que En Marea teña unha relación cada vez máis fluída coas mareas galegas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com