En Marea apoia as protestas para esixir unha área sanitaria propia na Mariña

A deputada de En Marea pola provincia de Lugo, Paula Vázquez Verao, trasladouse hoxe ata A Mariña para manter unha xuntanza coa Xunta de Persoal do Hospital da Costa e máis coa Plataforma Sanitaria da Mariña de cara a recoller as preocupacións na comarca pola reforma da Lei de Saúde e canalizalas a través de iniciativas e preguntas ao Goberno galego no Parlamento de Galicia.

Apoiamos e apoiaremos á xente da Mariña, que por volume de poboación e dispersión xeográfica precisa manter a súa Área Sanitaria con capacidade de xestión”, sinalou Paula Verao que reivindicou nese senso a necesidade de “reforzar o carácter de Hospital Xeral da Costa, fronte ao déficit de persoal e precariedade dos servizos”.

Para En Marea son “intolerables” as declaracións do PP insinuando que nas mobilizacións en defensa da sanidade “son oito detrás dunha pancarta”. “A mobilización implica a unha gran maioría social porque a xente sofre a diario a realidade das listas de agarda e os desvíos constantes ao hospital de Lugo, derivadas da precarización dos servizos na Mariña”, engadiu a deputada Paula Vázquez Verao, trala súa visita á Mariña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo