Martínez fai balance das actuacións levadas a cabo por Suplusa no último ano

O presidente de Suplusa, Manuel Martínez, fixo hoxe balance das actuacións levadas a cabo pola entidade provincial neste último ano no que Martínez estivo presidindo este organismo. Tras recoñecer sentirse “ninguneado e criminalizado” por parte do goberno da Deputación, ao que tildou, novamente, de “socialarribista”, repasou algunhas das grandes actuacións de Suplusa.

Entre elas, Martínez destacou a importancia da consecución dos PIAS as Residencias da Terceira Idade de Castroverde, Trabada e Pol que aínda están pechadas, polo que él mesmo considerou, intereses do equipo de Darío Campos. “Non están abertas porque o presidente da Deputación incumpriu a súa palabra, que é algo xa normal, non en van é o primeiro presidente desta Deputación reprobado, e socialista o que máis me doe”, explicou Martínez.

Noutro senso, o presidente de Suplusa e alcalde de Becerreá, resaltou tamén a redacción de parte do Plan Paradai e a presentación do mesmo no Concello de Lugo, quen, segundo denunciou “está neste momento no Concello desde fai tres meses; este plan tíñano que mandar á Xunta para a súa aprobación e a min me consta que o Concello aínda non moveu peza. E aquí quero romper unha lanza polo compromiso e a palabra cumprida do concelleiro de urbanismo de Lugo, o señor Piñeiro, que se comprometeu comigo, negociamos e traballamos para sacalo adiante, fíxose e, non sei que trabas, serán trabas políticas, a el non lle deixaron estar na última das reunións”. 

Entre outros temas, Martínez tamén quixo recriminar ao portavoz municipal do Bloque Nacionalista Galego, Rubén Arroxo, a última proposta presentada para o Concello de Lugo sobre a creación dunha comercializadora pública municipal de enerxía, en mans de Evislusa. Unha proposta que xa presentara Manuel Martínez, como Deputado non adscrito, na Deputación e a que os propios nacionalistas  provinciais botaron para atrás.

Candidato á alcaldía de Becerreá

A preguntas dos xornalistas, Martínez aclarou que se presentará as vindeiras eleccións en Becerreá e confirmou que está a buscar candidaturas tamén en Lugo e noutros concellos. O presidente de Suplusa ten claro o que busca: “un candidato que acumule consenso, sexa unha persoa honrada, traballadora, decente e que defenda os intereses da provincia ou do Concello e non, intereses da provincia”, deste xeito, Martínez asegurou que “é máis fácil” o caso de Chantada onde sabe “quen debería ir” pero “por saúde do candidato e da posible lista” o alcalde de Becerreá, non dirá nada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo