Medio Rural cede dúas parcelas ao concello de Baleira

A Consellería do Medio Rural vén de cederlle ao concello lugués de Baleira unhas parcelas propiedade do Banco de Terras de Galicia para que poida desenvolver infraestruturas de interese común, cumprindo así coas demandas dos veciños desta zona e mellorar así a calidade de vida dos habitantes do rural.

Logo da aprobación da Lei de Mobilidade de Terras, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez estableceu un mecanismo para a cesión gratuíta aos concellos de parcelas propiedade da entidade xestora do Banco de Terras cun interese social determinado para os veciños. Desta forma dótase aos municipios de predios que poden beneficiar aos seus veciños e, de paso, regularízase o patrimonio da Xunta.

Neste momento estase a estudar a cesión de arredor de duascentas parcelas con diferentes tipoloxías (espazos de lecer, depuradoras, infraestruturas de rega e abastecemento de augas,…), unha vez rematado o procedemento de recoñecemento de titularidade a concellos ao abeiro da Lei de Concentración Parcelaria.

As dúas parecelas de Baleira que se lles cede a este concello so: unha de 1.209 metros cadrados, para convertela nun punto centralizado para a recollida de plásticos de silo, co fin de ter localizado e facilitar a retirada deste material. A segunda parcela, de 1.736 metros cadrados, será para a construción dunha estación depuradora de augas residuais

odas estas parcelas están localizadas en masas de concentración parcelaria, aportadas polos propios veciños durante os correspondentes procesos de concentración parcelaria. Desta forma, ao reverter a súa propiedade nos concellos, pódense empregar estes terreos en beneficio da veciñanza, mellorando así a calidade de vida dos habitantes do medio rural ao poder desfrutar de melloras estruturais no seu entorno.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo