Melania Cruz gaña o premio á Mellor Actriz nos María Casares

A actriz lucense Melania Cruz, foi galardoada na XX Edición dos Premios María Casares, celebrada no teatro Rosalía de Castro de A Coruña e retransmitida pola TVG, como mellor actriz protagonista Ex-aequo con Mela Casal, pola obra “Xardín suspenso”, do dramaturgo portugués Abel Neves e dirixida por Cándido Pazó.

A actriz luguesa que comezou a súa andaina como actriz no ano 2004 conta cunha importante carreira, tanto no mudo da escena como do audiovisual.

No mundo das táboas ten participado  en montaxes como ¡Ay Carmela!, “El Hombre Almohada” ou Inventarios entre outras.

Asemade no sector audiovisual está a participar en series de tv como Serramoura ou Urxencia Cero e foi a actriz encargada de dar vida a “Raxada” no filme de Ignacio Villar “A Esmorga”, do  que foron protagonistas  Antonio Durán(Morris), Miguel de Lira e Karra Elejalde.

Sen dúbida, este galardón ven confirmar a calidade interpretativa da actriz lucense, ao o tempo que lle outorga a posibilidade de situarse nun lugar privilexiado  de cara a emprender novas xeiras no mundo do teatro, o cinema e o audiovisual.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo